ESTRUCTURA E TECNOLOXÍA
PORTADA > TRABALLOS/RECURSOS > ESTRUCTURA E TECNOLOXÍA

Ramón García básase nunha estrutura horizontal onde os distintos departamentos relaciónanse de forma directa sen unha xerarquía de mandos complexa, seguindo coa filosofía base de empresa familiar onde hai un trato directo e cercano entre os empregados.

Ramón García organízase nos seguintes departamentos: Dirección Xeral, Dirección de Proxectos, Dpto. Calidade, Dpto. Marketing (nacional / internacional), Dpto Internacionalización, Dpto. Comercial, Dpto. Administración / RRHH, Dpto. Compras, Dpto Oficina Técnica, Dpto. Loxística, Dpto. I+D, Dpto. Planificación, Dpto. Produción.

As oficinas técnicas contan con tecnoloxías de última xeración: escáner 3D para a elaboración de pezas especiais, modelado de pezas de pequeno e gran tamaño, Rapid Form, Solid Edge e Autocad.


A parte produtiva divídese segundo os procesos: recepción de mercancías e almacenaxe, corte e mecanizado, lacado e vernizado, montaxe, embalaxe e expedición de mercancías e conta cunha superficie de máis de 8.000 metros cadrados de instalacións

Pol Industrial Merelle,
Parcelas 86/87/88
15680 Ordes (A Coruña) Spain
tfn (+34) 881 255 653
mail rg@gruporg.eu
artenova