OFICINA TÉCNICA
PORTADA > SERVIZOS > OFICINA TÉCNICA

A oficina técnica de Ramón García deseña e supervisa os proxectos pentencentes ás diferentes divisións: contract, carpintería de obra, pezas especiais e HI-MACS®. A coordinación realízase a través da propia oficina técnica comercial formada por profesionais con titulación específica.
Cando se trata de proxectos deseñados polo cliente, a oficina técnica supervisa e adapta estos deseños cando é necesario

oficina tecnica

A maior parte dos proxectos de fabricación parten do uso de ferramentas CAD / CAM. Este fluxo de traballo que se inicia na oficina técnica comercial e continúa na dirección e execución do proxecto, coordínase dende o mesmo departamento técnico.

Como medios técnicos Ramón García conta coas ferramentas e o software necesario para captura, deseño e modelado, que incorporados no proceso industrial dálle a vantaxe competitiva: Autocad, Solid Edge, Rapid Form, Scáner 3D VI-9I de Minolta.

Como alternativa ás solucións tradicionais de medición ou para a fabricación de pezas especiais a partir dun orixinal, Ramón García dispón de tecnoloxia de escaneado 3D, o que permite a realización e posterior análise de pezas de gran tamaño que por métodos tradicionais sería moi costoso. Esta tecnoloxía é aplicable á restauración de mobiliario, arquitectura, interiorismo, pezas especiais usándose tamén para verificar a exactitude do obxeto creado a partir deste sistema.

A oficina técnica comercial está composta por persoas cualificadas, cada unha das cales atende a moi diversos proxectos e desempeña o seu traballo en coordinación coa dirección de proxecto.

Pol Industrial Merelle,
Parcelas 86/87/88
15680 Ordes (A Coruña) Spain
tfn (+34) 881 255 653
mail rg@gruporg.eu
artenova