LOXÍSTICA E INSTALACIÓN
PORTADA > SERVIZOS > LOXÍSTICA E INSTALACIÓN

Unha gran parte dos proxectos que executa Ramón García son de ámbito internacional, polo que desenvolve unha loxística axeitada no tempo, forma, baixo coste e bo servizo. É por isto que a loxística e instalación é, xunto coa capacidade técnica e humana, o terceiro aspecto básico sobre o que se sustenta a actividade de Ramón García.

Ramón García, a través da experiencia acumulada e da coordinación de medios de transporte, tanto propios como de terceiros, é quen de acometer tarefas como a instalación de tendas en Europa, África, Asia, América, solventando as cuestión relativas ó envío de mercancías, transporte de persoal e prazos de execución. A experiencia acumulada neste aspecto permite a Ramón García ofrecer solucións integrais de forma eficiente sen que supoña un incremento desproporcionado de costes e prazos.

As instalacións son realizadas por persoal técnico altamente cualificado, dedicado única e exclusivamente ao montaxe e que contan con maquinaria de última xeración, co que se asegura a calidade final do traballo, cumprindo coas esixencias marcadas polo cliente.

Esta concepción da loxística como parte integral dos servizos de Ramón García permite controlar e supervisar os proxectos en todas as súas fases, dende o inicio á posta en marcha en funcionamento, sendo outro factor decisivo para a fidelización da súa clientela.

Pol Industrial Merelle,
Parcelas 86/87/88
15680 Ordes (A Coruña) Spain
tfn (+34) 881 255 653
mail rg@gruporg.eu
artenova