DIRECCIÓN DE PROXECTO
PORTADA > SERVIZOS > DIRECCIÓN DE PROXECTO

En traballos de contract, carpintería de obra, instalación comerciais e mobiliario, planifícase, organiza e coordina o traballo e diríxese, supervisa e controla o proxecto. Unha visión clara e esquemática do mesmo, das circunstancias e condicións nas que se desenvolve.

A bagaxe adquirida co grupo internacional de distribución de moda Inditex da a Ramón García unha clara visión do proxecto e das circunstancias e condicións nas que se desenvolve. É por iso que o proxecto contempla e executa cunha perspectiva histórica, cun punto de vista o máis obxetivo e esquemático dos cales deben ser procesos a seguir na consecución do traballo a facer.

Esta forma de traballar é extensible a outros clientes cos seus propios condicionantes e coa confianza de que se Ramón García xestiona, dirixe e executa o seu proxecto éste farase con garantías. Verá como a atención ao detalle, a calidade final, prazos de entrega son os esixidos en cada caso.

Actualmente Ramón García conta con dous directores de proxecto, cada un deles pertencente a unha das sociedades do grupo: Carpintería Ramón García, S.L. e M.C. Mesía, S.L. cos seus propios recursos e persoal escpecializado que serven aos intereses dunha mesma organización na que se comparten certos medios: persoal técnico, servizos financeiros, instalación, etc.

Esta división na dirección de proxecto responde a cuestión estratéxicas, de organización e de loxística. Dado o volumen de proxecto xestionado anualmente e as dúas marcas do grupo Inditex para as que se traballa, a eficacia da fórmula está máis que demostrada.

Pol Industrial Merelle,
Parcelas 86/87/88
15680 Ordes (A Coruña) Spain
tfn (+34) 881 255 653
mail rg@gruporg.eu
artenova