RAMÓN GARCíA
PORTADA > EMPRESA > ramon garcia

Ramón García é unha empresa familiar fundada por D. Ramón García Francos no ano 1975 nun pequeño taller de carpintería de madeira anexo á propia vivenda. Como empresa familiar destaca a gran atención ao detalle de cada traballo realizado, o coñecemento profundo do sector, dos proveedores e dos clientes e, sobre todo, unha cultura empresarial caracterizada polo trato persoal.

A evolución e crecemento da nosa empresa como preveedores de carpintería está directamente relacionada coa evolución das tendas Zara. Coa extensión por toda España de Zara no ano 1985 e coa posterior creación da marca INDITEX no ano 1985 como cabeceira do grupo de empresas para afrontar a internacionalización, Zara, a marca principal da cadea, globalízase, marcando para Carpintería Ramón García, S.L. un punto de inflexión onde se produce un rápido crecemento.

Coa compra da marca Stradivarius no ano 1999, INDITEX escolle no ano 2004 a nosa empresa como proveedor. Esto marca un novo cambio na estrutura produtiva de Ramón García e créase a segunda empresa do grupo, M.C. Mesía, S.L., encargada de cubri-las necesidades desta marca.

 

A día de hoxe as empresas que forman parte do grupo Ramón García, S.L. y M.C. Mesía, S.L. son un motor económico que na actualidade dá emprego directo a máis de cen persoas e indirectamente a máis de duascentas na provincia da Coruña (España). Ramón García traballa como proveedor internacional para as marcas Zara e Stradivarius e como proveedor habitual para outras marcas como Viriato, franquicias e negocios de moi diversa natureza habitual de contract, carpintería de obra e produtos baixo demanda.

Pol Industrial Merelle,
Parcelas 86/87/88
15680 Ordes (A Coruña) Spain
tfn (+34) 881 255 653
mail rg@gruporg.eu
artenova