XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL
PORTADA > EMPRESA > XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL

Ramón García realiza unha política de xestión medioambiental a través dos aspectos básicos: o uso de produtos forestais que permiten a sustentabilidade do medio natural e a xestión dos residuos derivados do desenvolvemento da súa actividade.

 

No primeiro dos casos conta coa Certificación da Cadea de Custodia que verifica que a madeira ou outros produtos forestais empregados pola industria de transformación, proceden de bosques xestionados de acordo a criterios de sustentabilidade. Tódalas materias primas empregadas na división de madeira e taboleiro de Ramón García, cumpren con este requisito.

 

Debido ao alto volume da fabricación de mobiliario e ao uso de produtos como barnices, colas, pinturas que poden resultar altamente contaminantes para o medio natural, Ramón García leva a cabo políticas eficaces para o tratamento de residuos. Por eso conta coas empresas de recollida, tratamento e xestión de aqueles residuos que poidan resultar nocivos para a saúde e o medio ambiente. Todas e cada unha das materias primas usadas en Ramón García sométense a esta xestión de residuos.

Pol Industrial Merelle,
Parcelas 86/87/88
15680 Ordes (A Coruña) Spain
tfn (+34) 881 255 653
mail rg@gruporg.eu
artenova