DESEÑO PERSONALIZADO
PORTADA > divisións > DESEÑO PERSONALIZADO

Ramón García en cuestión de produtos persoalizados goza da vantaxe competitiva que supón a experiencia de fabricar pezas únicas e exclusivas, imprimir orixinalidade, o aproveitamento da tecnoloxía e o dominio dos materiais tanto tradicionais como punteiros. Ramón García conta cos métodos técnicos e humáns necesarios para a fabricación de pezas persoalizadas de todo tipo, xa se trate dunha silla, unha mesa, un stand ou un punto de información, realizados a diferentes tamaños, acabados, cores e texturas, en madeira, vidro, aceiro ou pedra acrílica.

productos personalizados productos personalizados productos personalizados productos personalizados

A realización de produtos persoalizados non sempre responde a novos deseños ás necesidades do momento. En ocasións o produto ou traballo que debe realizarse trátase dun conxunto xa esixtente pendente de restauración ou a reconstrución exacta a partir dun moble orixinal. Nestes casos os medios técnicos e o factor tempo son determinantes.

Nos procesos de fabricación pártese da tecnoloxía CAD/CAM para operación de torneado, fresado e taladrado con control numérico. Ramón García conta con diferentes pantógrafos de cinco eixes e medidas de ata seis metros. Para a reprodución de pezas en madeira a partir dun orixinal tense en conta o escaneado 3D láser sen contacto para obter en CAD o modelo real en pouco tempo incluso se se trata de modelos físicos de gran tamaño.

Os clientes habituais de Ramón García que recorren aos seus servizos de produto persoalizado, fano contando coa experiencia, médios técnicos e capacidade de innovación do grupo. Son estas características o que fan que en moitas ocasións se superen as propias expectativas do cliente. Esto explica o alto nivel de fidelización que Ramón García consiga para as marcas e franquicias coas que traballa.

Pol Industrial Merelle,
Parcelas 86/87/88
15680 Ordes (A Coruña) Spain
tfn (+34) 881 255 653
mail rg@gruporg.eu
artenova