CONTRACT
PORTADA > divisións > CONTRACT

Cando no ano 1975 D. Ramón García Francos funda Carpintería Ramón García, S.L., a fabricación e instalación de mobiliario para locais comerciais é xa unha actividade central para o novo negocio. Este tipo de carpintería especializada que máis adiante se chamaría 'contract' seguiu constituíndose nun eixe básico da actividade empresarial de Ramón García ata a actualidade. Entre os primeiros traballos máis destacados no campo do que hoxe denomínase contract foron as tendas Zara das rúas de A Coruña antes da creación da marca cabeceira do grupo. A medida que a marca Zara globalízase, Ramón Garcia vai medrando para poder dar solución ás necesidades dos seus clientes.

 

contract

A especialización que alcanza Ramón García coa experiencia acumulada e a evolución tecnolóxica e humana fan que manteña a confianza destas importantes franquicias ao longo destes anos. Exemplos desta colaboración prolongada no tempo son as tendas de Zara e Stradivarius.

A día de hoxe o contract en Ramón García supón gran parte da facturación do grupo e dá traballo a persoas entre persoal técnico, comerciais e instaladores. Quizais os conceptos, materiais e formación esixida para dar servizo no campo contract pouco teñan que ver con aquel taller de carpintería fundado por D. Ramón Garcia Francos con catro persoas. Máquinas como pantógrafos con control numérico ou trens automatizados de lacado eran difíciles de imaxinar por aqueles tempos. Non obstante o que se mantén é o espírito de empresa familiar que foi garantindo a confianza dun dos activos máis valorados de Ramón García: a súa clientela.

 

Pol Industrial Merelle,
Parcelas 86/87/88
15680 Ordes (A Coruña) Spain
tfn (+34) 881 255 653
mail rg@gruporg.eu
artenova