CARPINTERÍA DE OBRA
PORTADA > divisións > CARPINTERÍA DE OBRA

Dende os inicios de Ramón García, a carpintería de obra forma parte central da súa oferta de servizos. As numerosas obras realizadas tanto para clientes privados como públicos, cada unha coas súas particularidades: deseño, tipo de mobiliario, madeiras, cores, avalan o seu traballo. Na carpintería de obra realízanse traballos tanto de interior como de exterior: portas, portóns, escaleiras, pasamáns, teitos, frontes, cociñas, etc. Todos estes traballos teñen en común a xestión integral de proxecto: deseño, fabricación, transporte e instalación.

carpinteria de obra

A capacidade da empresa de traballar unha ampla variedade de materiais, a experiencia acumulada no contract con marcas de gran proxección internacional, leva moito máis alá o tradicional concepto de carpintería de obra e abre un mundo de posibilidades aos seus proxectos de obra e interiorismo, que ata agora só se aplicaban a certo tipo de traballos.

Materiais como HI-MACS® de LG ofrecen aos arquitectos, deseñadores e particulares novas posibilidades. Trátese de negocios relacionados coa beleza, saúde, ocio, servizos profesionais ou vivendas particulares, as solución dispoñibles para obra, reforma ou rehabilitación multiplícanse.

Cabe destacar a especialización en cociñas de obra onde se utilizan solución exclusivas e en moi diversos estilos: moderno, clásico, rústico, etc. Mobles de cociña que destacan pola súa funcionalidade, adaptación ao espazo arquitectónico, personalización e gusto do cliente. Tódo-los deseños poden configurarse con diferentes cerámicas, madeira, aceiro, mármol ou en acabados especiais, como por exemplo pedras acrílicas, ofrecendo a flexibilidade e integración con todo tipo de electrodomésticos.

 

Pol Industrial Merelle,
Parcelas 86/87/88
15680 Ordes (A Coruña) Spain
tfn (+34) 881 255 653
mail rg@gruporg.eu
artenova